Co obxectivo de seguir enriquecendo a cultura da comarca, nace este club de lectura aberto a todas as persoas que queiran participar.
Lembra que esta non é a única actividade literaria na que traballamos, tamén podes apañar libros de balde na nosa vitrina e deixar constancia na paxina de Bookcrossing.
Daráse preferencia ás obras literarias con versión cinematográfica, integrando así este proxecto dentro do cosmos do cinema Adriano.
Iremos anunciando os vindeiros libros e reunións. Subscríbete a este blog se queres manterte ao tanto. Boas lecturas!