Visións do Adriano foi unha mostra do Festival de fotografía VISIONS, que comezou en 2013 tendo como obxectivo transformar a Cidade Vella da Coruña a través da creatividade.

O evento está organizado polo Colectivo 15001 e contou co seguinte programa:
PROGRAMA CHOIOVIRADO
Exposicións: Latexos, de Luís Botana. Circus, de Simone Mestra. Polo Amor de Deus, de Maria Vérez.
Proxección On Loop: Bernardo Villanueva. Proxeccións: Marta Barros, Alicia Seoane, Carolina Martínez, David Salcedo, Andrés Lacontra, Javier Amosa, Moncho Fuentes, Gosia Trebacz, Pep Páramos, Javier Ferreiro, Fran Souto.
No ambigú do cinema levou a cabo R- visions, unha proxección de traballos doutros anos e unha pequena exposición en papel.



Foi instalada unha cámara afgá en representación da fotografía analóxica e realizouse un secado. O proxecto naceu en San Petersburgo e consiste nun intercambio de fotos que se deixarán en varios lugares para que as recollan outros autores/as. Houbo exposicións, proxeccións e, cara ao final, música. Unha xornada para amantes da fotografía e da imaxe.