E veña música!

Proxección + Concerto de Voodoo

Recibimos a visita de Voodoo, o dúo gañador do premio Martín Códax en soul e funky.

No mesmo evento Daniel Sanmartín Anca gravou as últimas escenas da súa curta,
Culpable, no cinema Adriano. Posteriormente, proxectouse o videoclip Corasón de Voodoo que ten escenas que se gravaron no cinema.
Despois, Maritxinha e Belem Tajes, as compoñentes de Voodoo (actualmente, Vudú)
deleitáronnos cun pequeno café-concerto onde despregaron todo o seu talento e
volvemos sentir a maxia da acústica do patio de butacas do cinema Adriano.

Ela e Dylan

Helga Méndez e Roger de Flor estiveron no escenario de Cinema Adriano para representar Ela e Dylan: As flores solitarias.

É unha performance poética e concerto acústico sobre letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidos ao galego.

O fío temático da peza é o mundo feminino nas letras e na música de Bob Dylan. Ao longo dunha hora vanse sucedendo dramatizacións das letras e textos de Dylan mesturados coas cancións interpretadas a unha ou dúas voces por Helga Méndez e Roger de Flor e acompañadas dunha proposta estética chea de pequenas chiscadelas ao movemento de performance poética Spoken Word promovido pola Xeración Beat ao longo dos anos 50.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s