
En maio do 2018 tivo lugar a segunda edición de Contos de lareira con salitre. Neste evento, os distintos narradores foron introducíndonos na tradición de contar as nosas historias de mar e monte. Reunidos ao redor dun remedo de lareira, percorremos lugares da nosa terra e as súas xentes. tomando conciencia da importancia da tradición oral na nosa cultura e rescatando historias do esquecemento. Calquera podía converterse en narrador e compartir un conto.
Proxecto ideado e conducido por Fernando Patricio Cortizo.
Outros narradores: Josefina Rodríguez, Dolores Fernández González.
Ambientación: Mario Nodar Fernández.
Atrezo: Josefina Rodríguez Platas.


