
Carmen Martín, artista plástica ferrolá, propóñenos intervir as doazons recadadas en 100 cadeiras, proxecto que tiña como obxectivo encher o patio de butacas do cinema Adriano con 100 cadeiras refugadas. Baixo o lema Non a tires, dóanola, o obxectivo superouse en tan só 15 días.

A artista identifica cada unha das pezas cun animal: desde focas, gatos, carneiros, paxaros, bolboretas… todos son susceptíbeis de pertencer á Fauna Adriana de Carmen.
Cada semana realizábase unha sesión de intervencións no propio cinema e moitas outras cadeiras foron intervidas no estudio da pintora.








Previamente organizouse un curso aberto a todo aquel que quixese participar para restaurar as cadeiras, dirixido por Emilia Pardo, experta en restauración de mobles.

A Fauna Adriana no escenario do teatro Jofre na presentación da XI Semana de Poesía Salvaxe. Organización: Karlotti.