Fiestrarte

O primeiro proxecto de Patio de Butacas: Fiestrarte, unha intervención na fachada do Cinema Adriano onde 18 artistas plásticos colgan os seus lenzos.

A exposición inaugúrase o 4 de maio e permanece ata o 27 do mesmo mes na fachada o Adriano, desde onde viaxa á Galería Sargadelos de Ferrol. O 4 de xuño as obras volven expoñerse no Adriano, onde ten lugar unha poxa onde se recadan fondos para a restauración do escenario.

Hoxe, a restauración do escenario é unha realidade. O acto contou coas actuacións musicais de Eugenia Sanmartín e ou grupo formado por Andrea Vilariño, Diego Rodríguez e Serafín Santamariña, tamén se presentou o cortametraje “Hunter I”, dirixido por Daniel Sanmartín.