E veña libros!

Eventos literarios no cinema: presentacións

Fernando Patricio Cortizo achegouse ao Adriano para presentar o seu libro Naufraxios e crónica marítima de Galicia ata 1899. Esta obra recompila 1200 naufraxios que tiveron lugar na costa galega ata 1899, dos cales 396 se publican por vez primeira neste libro.

Fernando Patricio Cortizo é historiador naval e investigador de naufraxios. Colabora en diversas publicacións sobre o tema dos naufraxios e a crónica naval.

Presentouse tamén o libro de poesía Desnudo/Espido de Constantino Cuesta Ibáñez. O evento foi conducido por Josefina Rodríguez. Recitáronse poemas do libro que se presentaba. Como acompañamento, contamos coa actuación musical do trío Blanco e Negro e petiscos no ambigú.

Libros ceibes: Bookcrossing

Unha das actividades que decidimos iniciar é un sistema de libros viaxeiros, xestionado a través da plataforma Bookcrossing.

O sistema conta coa vantaxe de poder facer un seguimento do percorrido de cada exemplar e deixar constancia de todos os libros que vaian pasando polo noso ‘punto de liberación’. Eliximos a parte esquerda da fachada, á beira da porta do ambigú, para colocar alí a vitrina que contén os libros. Normalmente os imos rotando unha vez por semana, grazas ás doazóns que estamos a recibir.

É importante destacar que o espírito do movemento Bookcrossing consiste en facer chegar ese libro que a tí che gustou aos demais, para que o maior número de xente poida coñecelo.

Cada libro ten un código que podes introducir no sitio web, sen necesidade de rexistrarse nin facer un perfil, e aí podes poñer onde o colliches, se che gustou, onde o vas liberar… ou calquera outra cousa que desexes compartir.

Boas lecturas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s