Migrasóns

MIGRASONS, I Festival de Cultura Atlántica Migrante, pretendeu ser un laboratorio para aumentar o coñecemento das sociedades migrantes e poñer de manifesto os beneficios que comporta o feito de atopar puntos en común, eses elementos semellantes que conforman a cultura atlántica.
MIGRASONS foi e é un festival internacional multicultural e multidisciplinar que parte da base de que a cultura atlántica migrante é unha entidade definida, e consta das seguintes áreas:

ARTES PLÁSTICAS

As artes plásticas estiveron presentes na semana do 16 ao 25 de xuño de 2017 con dúas actividades.

Do 16 ao 20 de xuño realizouse unha actividade co CEIP Casades de Maniños (Fene). Os alumnos realizaron a montaxe de barcos que se botáron no peirao de Maniños. A actividade tratou de concienciar sobre a importancia das migracións transoceánicas como instrumento xerador da nosa cultura atlántica. Os nenos traballaron sobre as historias das embarcacións de pasaxe que houbo na ría. A información foi proporcionada por Fernando Patricio Cortizo, historiador naval.

O día 25 de xuño realizouse no Castelo de Redes unha concentración de artistas baixo o lema “Un mar, dúas beiras”, estiveron presentes como expresión plástica: pintura, debuxo e fotografía.

Certame literario:

Có nome de Verbas Migradas realizouse un certame literario de microrrelatos que tiñan como tema as migracións na súa máis ampla definición e o Océano Atlántico. Coordinado por Alexandre Fernández Lamas. Tivo unha extensa participación tanto nesta beira como da de Sudamérica. Realizouse unha edición especial a man de 100 exemplares cos relatos seleccionados.

Tradición oral:

A actividade de tradición oral correu a cargo da artista Vero Rilo cun espectáculo de contacontos sobre a inmigración e a tradición da mar baseada nas historias dos seus propios antepasados. Realizouse nunha das lanchas que cruzan a ría de Ferrol, con degustación de petiscos e vermú.

Danza:

Constou de varias actividades, unha exhibición de tangos por parte da asociación coruñesa Tango Tangente, e por outra banda, danza contemporánea con Paula Quintas da compañía Traspediante, coa peza de danza-circo Analepsis, que foi estreada no festival como primicia en Galicia

Cinema

Día dedicado á sétima arte. Contou cunha programación de curtos documentais sobre a emigración galega, actividade que estivo presentada polo director do CGAI, Guillermo Escrigas. A continuación, proxectouse a curtametraxe Ou que contan as paisaxes, de Uqui Permui.

MÚSICA

  • O día 25 de xuño de 2017 tivo lugar un pasacalle coa actuación de Trópico de Grelos. Ao finalizar a actividade de artes plásticas no Castelo de Redes houbo un concerto de Ana Laura Diogo & Gusmán Cajtak.
  • Na presentación e lectura dos microrrelatos contou coa participación de Gusmán Cajtak.
  • O día consagrado á danza foi imposible desligarlo da música, como é lóxico, contamos co concerto de Ana Laura Diogo & Gusmán Cajtak na capela do Mosteiro de Montefaro.
  • A actividade de tradición oral pechou o festival cunha actuación a cargo de Eugenia Sanmartín.

Houbo 4 actuacións musicais: (25/06/17, Redes) Ana Laura Diogo & Gusmán Cajtak (Uruguai). (26/06/17, Fene) Gusmán Cajtak (Uruguai). (28/06/17, Ares) Ana Laura Diogo & GusmánCajtak (Uruguai). (30/06/17, Ría de Ferrol) Eugenia Sanmartín (Galicia).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s