Quiz

CANTO SABES DO CINEMA ADRIANO:


PRIMEIRA
O presente concurso está organizado pola asociación cultural Patio de Butacas, con domicilio en Estrada da Palma, 122 (Barallobre) Fene, 15528 A Coruña, España. N.I.F. G70490495.


SEGUNDA
O obxecto do concurso é dar a coñecer dunha maneira máis profunda o Cinema Adriano, o seu pasado e o seu presente.


TERCEIRA
O ámbito de aplicación deste concurso é todo o territorio mundial.


CUARTA
O período de vixencia do concurso, durante o cal os participantes poderán participar será entre o día 12 de abril ata o 18 do devandito mes ás 24:00 h.


QUINTA
As respostas correctas comunicaranse ao público a través da web da asociación patiodebutacas.gal e tamén das redes sociais: Instagram @patiodebutacas e Facebook @ cineAdrianoBarallobre.


SEXTA
Os participantes que acerten as 10 respostas correctamente entrarán nun sorteo para determinar 4 gañadores.
O premio será unha acuarela do cinema Adriano (das catro diferentes que hai) que estarán expostas na web e nas redes sociais nomeadas anteriormente.
Os premios non inclúen outra prestación ou servizo diferente dos expresamente indicados no presente apartado.
A acuarela que lle corresponda a cada gañador entregarase cando termine o período de confinamento establecido polo goberno español. Por tanto, sen poder determinalo no momento de publicar as Bases. O premio obxecto do presente concurso queda suxeito a estas Bases. Este non será susceptible de cambio, alteración ou compensación a pedimento do gañador. Se un gañador rexeita o premio, non se lle ofrecerá ningún premio alternativo. O premio non poderá ser obxecto de negocios xurídicos celebrados con fins comerciais ou publicitarios.


SÉTIMA
Todas aquelas persoas que desexen participar no concurso deberán cumprir cos requisitos establecidos nas presentes Bases. A mecánica do concurso será a que se detalla a continuación:
Para participar no concurso, o participante terá que responder correctamente as 10 preguntas formuladas pola organización, enviando ditas respostas ao correo da asociación patiobutacas@gmail.com co seu nome, apelidos, lugar de residencia e DNI.
As respostas están distribuídas polas publicacións nas redes Instagram e Facebook, e tamén na web patiodebutacas.gal.


OITAVA
A participación no concurso é persoal e intransferible.
Poderán participar neste concurso as persoas físicas que residan en calquera país.
Só se poderá participar no concurso una (1) vez por persoa.
Non poderán participar no concurso, os membros da directiva da asociación nin os seus familiares.
A identidade dos participantes poderase comprobar mediante a presentación do D.N.I. ou calquera outro documento oficial acreditativo da identidade das persoas físicas.
A directiva da asociación Patio de Butacas queda facultada para rexeitar aos participantes que non cumpran cos requisitos do presente concurso ou que, a xuízo da mesma, incumprisen calquera outra previsión das presentes Bases. Do mesmo xeito, calquera indicación falsa ou indicios de identidade ou domicilio falso ou fraude, ocasionará a descualificación inmediata do participante e, no seu caso, a imposibilidade de gozar do Premio.
O mero feito de participar neste concurso implica a aceptación na súa totalidade e sen reservas das presentes Bases. A directiva da asociación Patio de Butacas resérvase o dereito para efectuar en calquera momento os cambios que entenda oportunos nas presentes Bases e a tomar as medidas convenientes para resolver conflitos ou dificultades que poidan xurdir no concurso, sempre que estean xustificadas, non prexudiquen indebidamente aos participantes no concurso e comuníquense debidamente.


NOVENA
Cada participante que escriba a #patiobutacas@gmail.com# coas respostas recibirá un correo cun código de participación. Será ese número polo que se nomee as persoas finalistas, as que respondan correctamente.
Deses finalistas o día 19 de abril, sábado, ás 21:00 h. farase un sorteo a través da páxina #echaloasuerte.com# dando a coñecer os gañadores posteriormente a través das redes sociais. En caso de non haber ningún finalista, xa que ninguén acertase a totalidade das preguntas, elixiranse os 10 participantes que máis respostas correctas contestasen.
A asociación Patio de Butacas poñerase en contacto vía email con cada un dos 4 gañadores para xestionar a entrega dos premios cando sexa posible.
Con todo, se un participante gañador non aceptase o premio, se incumprise as presentes Bases ou se renunciase ao premio, asignarase o este ao primeiro reserva (aquel que contestase correctamente o maior número de preguntas).
Se ningún gañador nin reserva fosen localizados conforme ao anterior, se renuncian ao premio ou se non teñen dereito a el, Patio de Butacas resérvase o dereito para declarar o premio deserto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s