Samaín(s)

Na primeira edición, aproveitando as xornadas festivas da ponte de defuntos, o cinema Adriano propón celebrar o Samaín neste incomparable escenario. A xornada comezou cun curso de maquillaxe de terror, para o que se contou coa colaboración de Carlos Sardiña, un dos directores do filme que se proxectou esa noite. O taller realizouse para nenos e adultos, que participaron por igual.

Proxectouse a curtametraxe Os defuntos falaban Castelao, de Tomás Conde e Virginia Curiá, cedido para ese día polo CGAI.
Tamén O abrazo do vampiro, rodado en Barallobre, contamos coa presenza dos seus directores Carlos Sardiña e Xosé Piñeiro.
Finalizou a xornada coa proxección da película A noite dos mortos viventes, un clásico do xénero de terror.

Os defuntos visitan o Adriano

Na segunda edición celebrouse un evento de literatura+cinema de terror como celebración do Samaín. A lectura de textos teatralizados foi dirixida por Eugenia Sanmartín, coa colaboración do grupo de teatro da Tenencia. Os escritores elixidos foron Edgar Allan Poe, Rosalía de Castro e unha historia orixinal de Fernando Patricio Cortizo e a propia Eugenia. A película proxectada foi o clásico de terror norteamericano do ano 1931 O doutor Frankenstein, de James Whale.