Sincroniza

Festival de carácter multidisciplinar onde ARTE, CINEMA e MÚSICA danse a man para intervir no espazo Adriano, habitalo e proxectalo. Realizouse o 12 de decembro en horario ininterrompido de 10:00 h. a 23:45 h, no Cine Adriano.

Organiza Sincroniza, organización independente e auto-xestionada que quere ampliar a oferta cultural na zona de Ferrolterra. O evento realizouse coa colaboración de Patio de Butacas. O seu obxectivo era crear un espazo aberto para a creatividade e a cultura, onde xerar conexións entre diferentes disciplinas e onde todas as persoas interesadas puideron participar.